Un informe elaborado por In-Stat sostén que o 15% da xente leva 2 teléfonos móbiles, pero aínda resulta máis rechamante se vemos que o 80% dos usuarios de móbiles con cámara non se desprenden da súa cámara dixital, o 75% dos usuarios de Smartphones seguen a usar o seu PDA e preto da medade dos usuarios con teléfonos multimedia seguen a levar consigo os seus reprodutores de MP3.
Parece así que a integración de dispositivos nos móbiles aínda non chega a unha versatilidade ou calidade que permita prescindir dos cacharriños electrónicos máis habituais, quedando claro no caso das cámaras dos móbiles (que normalmente dan unha calidade ridícula se a comparamos incluso coa cámara fotográfica dixital máis básica no mercado).
Os móbiles fracasan coma substitutos doutros dispositivos electrónicos
Compartir Este Artigo

