A empresa galega Innova Auria (filial española do Grupo Alert7), dedicada ó desenvolvemento de sistemas de información de xestión clínica, resultou a adxudicataria da Axencia Valenciana da Saúde para a implantación do seu sistema de clasificación de doentes no marco dun proxecto de mellora da atención sanitaria urxente en toda a Comunidade. O sistema que esta empresa vai implantar en tódolos centros sanitarios valencianos é o software de deseño propio Alert7triage, que axuda na clasificación de internados urxentes segundo o sistema de Triaje Manchester, integrado actualmente na maioría dos hospitais ingleses. Este sistema inclúe un test polo que, a partir de tres ou catro preguntas, pódese clasificar ó paciente en cinco categorías, cada unha delas traducidas nun código de cor e un tempo máximo de atención, o que permite priorizar ó paciente en función da gravidade e obxectivar clinicamente a decisión de priorización.
A fase de implantación transcorrerá entre o presente ano e os primeiros meses de 2007, e chegará ós servizos de urxencias de tódolos hospitais da rede pública valenciana.
O sistema de clasificación de doentes da Comunidade Valenciana será implantado por unha empresa galega
Compartir Este Artigo

