A tecnoloxía, concretamente a relacionada coas novas redes da información, pode contribuír a poñer en valor espazos rurais de Galiza e do resto do mundo que corran perigo de ficar lonxe de calquera oportunidade de desenvolvemento (un problema especialmente grave na nosa terra).
Este é un dos alicerces do traballo cotiá do Grupo GIS-T da Universidade de Santiago, que organiza este 11 de decembro en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca) a cuarta convocatoria do Foro SINDUR Novas tecnoloxías e desenvolmento rural.
Esta nova edición do encontro centrará gran parte do programa en temas como a experiencia irlandesa e a súa confrontación con outras iniciativas de desenvolvemento local como por exemplo a posta en marcha en Brión (Infobrion.com, do dito Grupo GIS-T e Novos Medios) ou na devandita vila salmantina.
As Xornadas celébranse anualmente desde 2003 no marco do proxecto do Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Educación e Ciencia, SINDUR (Sociedad de la Información y Desarrollo Urbano y Regional).
O Grupo GIS-T de Universidade de Santiago organiza en Salamanca un foro sobre tecnoloxía ó servizo do desenvolvemento rural
Compartir Este Artigo

