Seguen a medrar a posibilidades de Google, e desta vez tócalle ó paquete de servizos para os clientes de AdWords, que en breve (prevese que antes de que remate 2006) poderán publicitarse en emisións radiofónicas.
O proxecto en cuestión chámase Google AdWords Audio e, como dixemos, trátase dun servizo que axuda ós internautas a anunciarse máis e mellor, e non só na Rede, senón a través das máis de 800 cadeas de audio que abranguen aproximadamente a tres cuartas partes do territorio de Estados Unidos. Nesta iniciativa, Google –basicamente– asume o papel da canle entre os usuarios de Adwords e as emisoras, incluíndose no pacto a posibilidade de empregar un estudo dixital para rexistrar os espazos publicitarios.
O buscador tamén interpretará outro papel: o de árbitro, decidindo a orde das cuñas e o intre do día máis axeitado para lanzar cada unha, entre outras cousas.
Google permitirá que os clientes do seu servizo AdWords se anuncien en 800 cadeas de radio
Compartir Este Artigo

