Este luns 4 de decembro, Caixa Galicia e o Clúster do Audiovisual Galego organizan na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago a terceira xornada do Foro Multiplataforma A converxencia das producións dixitais, nesta ocasión baixo o título Clustertel: “Servizos para móbiles”. O acto, que será inaugurado polo director da Obra Social da entidade financeira, Manuel Aguilar, contará con expertos profesionais e xirará arredor de dous eixes principais. o mercado e os operadores de telefonía móbil (que se analizarán nunha primeira parte da xuntanza) e os subministradores de servizos (tema no que afondará nunha segunda metade). Ó remate dos relatorios, dúas empresas desenvolvedoras de contidos, Net Go e Loroestudio farán demostracións prácticas da temática tratada ó longo da xornada para rematar cun coloquio aberto a tódolos asistentes. A sesión prolongarase dende as 10:30 da mañá ata as 14:30 do mediodía do luns 4 de decembro.
O Clúster do Audiovisual Galego abre este luns unhas xornadas sobre servizos para móbiles
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter