A Autoridade do Rexistro do dominio .es tramitou 43.700 solicitudes durante a pasada edición da Feira Internacional de Informática, Multimedia e Comunicación (SIMO TCI) de xeito que se acadaron un total de 516.608 rexistros ata o mes de novembro, grazas á colaboración de axentres rexistradores coma Nominalia, Arsys e Entorno Digital.
Este incremento substancial no número de dominio rexistrados parte tamén do feito de que se relaxaron as normas para o rexistro, polo que agora calquera cidadán pode ter un dominio de seu, polo que este sistema viría a converterse na identidade dixital de moitos españois.
Supérase o medio millón de dominios .es
Compartir Este Artigo

