
Xa o viña anunciando dende hai moito tempo atrás: as aventuras e desventuras do día a día desta rubia “medio tonta aspirante a miss”, sairían á rúa con feitura de libro, e, aínda que custe admitir que non o criamos posible, así foi finalmente. O pasado 4 de decembro presentábase no cafe-libraría El bandido doblemente armado o libro Diario de una miss inteliJente e, para sorpresa de tódolos presentes, o lugar da suposta rubia explosiva estaba ocupado por un tranquilo Arturo Vallejo, autor e creador do polémico blog que tantas dúbidas e desconfianzas xerou nos internautas.
Dende aquí, non imos poñer en dúbida o mérito deste autor que conseguiu enganarnos a todos durante preto dun ano (facéndonos crer que era rubia e moi moi parva) e trasladar ó novo formato blog-novela toda a esencia da bitácora, con textos cargados de humor e ironía, desta volta escritos por Vallejo e non pola miss e nos que se desvela a esencia de todo este engano.
O libro custa 16 euros e pode adquirirse en El tercer hombre e en El bandido doblemente armado (Madrid). O autor pide desculpas a uns e a outros, tanto ós que odiaron á miss como a tódolos que a amaron, que tamén foron moitos.
O anunciado libro da Miss Intelijente sae finalmente á luz.
Compartir Este Artigo
