O xornal norteamericano Wall Street Journal informou de que as compañías Fox,Viacom, CBS e NBC Universal están a conversar para crear unha web de vídeos que compita con YouTube.
O acordo non parece inminente, pero as compañías teñen interese en sacar proveito do mercado do vídeo na Internet, que está en plena eclosión, polo que parece interesarlles especialmente a creación dun portal de vídeo, no que tamén podería responder a unha saída pola tanxente ante os atrancos atopados en cadansúa negociación con YouTube.
Varias canles televisivas norteamericanas poderían pactar para competir con YouTube
Compartir Este Artigo

