Os servizos web que conforman auténticas redes social establecendo sistemas de edición non xerárquica coma Digg, Menéame ou Chuza tamén se traslada a outros ámbitos menos confesables, de xeito que naceu Splutr: unha web na que os usuarios recomendan contidos pornográficos que o resto de usuarios pode votar para aparecer na portada da devandita páxina web.
Este tipo de páxinas trunfan só se a comunidade de usuarios que colaboran coa mesma controlan debidamente as súas recomendacións, pero do que non cabe dúbida é de que se están a converter nun expoñente do que dan en chamar Web 2.0, posto que cada día chega a máis sectores.
Aparece un sistema tipo Digg (ou Chuza) para recomendar galerías con imaxes pornográficas
Compartir Este Artigo

