Por que nos medios de comunicación se anuncian todo tipo de produtos de mercado agás os libros? Quen dixo que unha novela non podía promoverse na televisión e máis en Internet? Por que non ía aproveitar unha editorial as moitas posibilidades dun servizo web de balde e usado no mundo enteiro como YouTube?
Todas estas preguntas veñen a conto para presentar o que ben podería constituír un fito na literatura galega, logo de que Xerais dedidise lanzar unha campaña na televisión e máis na Rede da novela Home sen nome, de Suso de Toro, da que xa se levan vendidas dúas edicións en só tres meses. O anuncio do libro comezou a emitirse este luns 11 de decembro na TVG (acompañando programación cultural) e máis no dito servizo web, abrindo “un novo camiño para a promoción do libro galego”, en palabras de Manuel Bragado, editor de Xerais e responsable do caderno Brétemas.
O vídeo pódese ver a continuación:
Xerais promove a última novela de Suso de Toro en Internet
Compartir Este Artigo
