Hai un par de meses, a vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, prometeu que os dominios de Internet baixo o .es aceptarían en breve o ñ, e agora é Joan Clos, ministro de Industria, Turismo e Comercio, quen anuncia no pleno do Congreso dos Deputados que o anteproxecto de Lei de Impulso da Sociedade da Información permitirá esta modificación no sistema de dominios xestionado por Red.es.
A lei tamén incluirá medidas relacionadas cos dereitos dos usuarios, e o Executivo tamén traballará no espallamento da banda larga a toda a xeografía española (supostamente antes do 31 de decembro de 2007) a un prezo razoable.
Joan Clos anuncia que se poderán rexistrar dominios .es coa letra ñ
Compartir Este Artigo

