Tras cinco películas de Sylvester Stallone encarnando ó boxeador Rocky Balboa, o actor volve ás pantallas para devolver á vida ó boxeador máis cinematográfico de tódolos tempos, que chegará ás salas españolas o vindeiro 12 de xaneiro. Rocky Balboa enfrontándose a Ivan DragoPero Rocky Balboa non será só unha película, senón que tamén contará cunha versión en videoxogo, que aparecerá para a consola portátil de Sony, de xeito que os usuarios da PSP poderán meterse na pel de Stallone para loitar contra Apollo Creed (Carl Weathers), Clubber Lang (Mr. T) ou Ivan Drago (Dolph Lundgren), aínda que terán que agardar ata o 17 de xaneiro para que o novo videoxogo chegue ás tendas. Velaquí o trailer da película: