Un dos autores de Blaugh! (a tira cómica case-oficial da blogosfera), Chris Pirillo, parece que non se conforma con dar a nota co humor gráfico, senón que quere levar a súa afección polas novas tecnoloxías a un nivel semellante ó do informático chinés que quería chamar .com ó seu fillo ou ó do matrimonio rumano que chamou Yahoo á súa criatura.
A excentricidade de Pirillo foi que durante a súa voda, tanto el como a súa dona leron os seus votos en cadanseu ordenador persoal ultraportátil (UMPC), no que parece ser que era unha idea da súa muller, Latthanapon Indharasophang (máis coñecida coma Ponzi).
Ponzi comentara a posibilidade de ler os votos cos seus ordenadores portátiles, pero o feito de que fose de grande tamaño e bastante peso os fixo decantarse por facerse cuns UMPC, de xeito que estes novos equipos foron os presentes que se intercambiaron os noivos.
Sen dúbida, a ousadía deste cerimonia tan orixinal os fará darse a coñecer por medio mundo grazas ó mundo dos blogs no que están tan presentes.
Un par de noivos leron os seus votos matrimoniais en cadanseu UMPC
Compartir Este Artigo
