Durante
a clausura dunha xornada sobre a Televisión Dixital Terrestre (TDT) o
secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información,
Francisco Ros, afirmou que o
plan de televisión por móbil estará rematado en “un ou dous meses” polo que podería ser inminente o lanzamento
desta tecnoloxía que xa se vén a probar por parte de Abertis e Nokia en
distintas cidades españolas.
O novo sistema retransmitiría o sinal de televisión mediante a tecnoloxía DVB-H
de xeito que non provocaría tráfico de datos como fai a televisión a través de
UMTS, o que permitirá a súa comercialización a prezos atractivos.
No tocante á TDT tamén engadiu que xa chega ó 16,3% dos fogares españois e que
instarán ás canles de televisión para que melloren os seus contidos en dixital
para potenciar esta nova televisión para darlle un certo pulo que permite o
apagón analóxico en abril de 2010.
A TDT para móbiles podería ser unha realidade nos vindeiros meses
Compartir Este Artigo

