O campus de Elviña na
Universidade da Coruña (UDC) medra en espazo físico e tamén na súa achega
tecnolóxica. Así o fixeron saber estes días as Consellerías de Educación e
Política Territorial, o Concello da Coruña e a propia UDC, logo de que asinaran
un convenio de colaboración para a construír nos polígonos I e III un centro
tecnolóxico.
O proxecto, que recibirá 1.600.000 euros da Xunta, serviralle á UDC para
afondar na súa aposta pola Investigación e o Desenvolvemento e para estreitar
os fíos que están a unir hoxe en día o educativo co tecnolóxico e que
repercuten nunha mellora (recíproca) de ámbolos conceptos.
Para a UDC, a intención é a de empregar este centro tecnolóxico como un dos
alicerces fundamentais do seu parque tecnolóxico (en desenvolvemento).
Tódolos asinantes estiveron de acordo no mesmo punto: na importancia de acadar
unha boa sintonía entre a Administración, o sector empresarial e as
universidades e achegar (a través de convenios como o devandito) dinamismo,
excelencia e competitividade a proxectos que pola súa propia natureza precisan
de especial atención: os tecnolóxicos.
A UDC contará cun centro tecnolóxico no campus de Elviña
Compartir Este Artigo

