Unha asociación sen ánimo de lucro coñecida coma Colectivo Remonte iniciou unha campaña de restauración forestal integral das zonas afectadas polos lumes que azoutaron a xeografía galega o pasado verán, e baixo o lema 1€=1 árbore preténdese que os cidadáns poidan apadriñar unha árbore facéndose partícipes deste ilusionante proxecto.
A nova campaña lánzase dende a páxina web montegalego.org, onde se publica información sobre o xeito de colaborar con esta interesante iniciativa.
O Colectivo Remonte inicia unha campaña de restauración do monte galego
Compartir Este Artigo
