A
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Innovación
e Industria remitirá a
tódolos centros educativos de Galicia un CD-ROM co OpenOffice en galego
(xunto co seu corrector lingüístico) de xeito que se promove o uso do software
libre no contorno educativo, que se complementará con formación para o
profesorado no paquete ofimático, así como en soporte técnico do mesmo.
O OpenOffice é así unha solución
aberta e libre para satisfacer as demandas habituais no traballo de oficina
como é o proceso de textos, as follas de cálculo, as bases de datos ou a creación
de presentacións multimedia, que agora xa se pode achegar en galego.
Os centros educativos galegos recibirán copias do OpenOffice en galego
Compartir Este Artigo

