A web marchaenlacalle.com recompila fotografías de persoas de marcha en A Coruña, o Burgo e Santa Cristina, de xeito que se converte nun punto de referente da movida nocturna coruñesa.
A páxina, que vén de cumprir un ano de vida, está dirixida por Rocío Bardón, quen asegura que xa conta con 170.000 instantáneas ás que chama “flashes da noite” (aínda que nas galerías de fotografías só fomos quen de atopar 45.898 imaxes) que se toman con permiso dos fotografados.
Con estas imaxes tense así un recordo das noites de marcha e se pode ter así unha idea dos locais máis interesantes a visitar (publican unha guía de ocio e unha axenda) aínda que moitos posiblemente gusten máis de visitar a sección de Los + na que se poden ver fotografías das persoas elixidas como guapo e guapa da semana.
Unha web amosa a noite coruñesa en imaxes
Compartir Este Artigo
