
O caso é que Alemaña semella ir un pouco máis por diante có resto do mundo nestes asuntos, xa que vai ser o primeiro país en contar cunha fábrica de papel electrónico que se dedique en exclusiva á fabricación deste produto. As características do e-papel son as seguintes: consistirá nunha pantalla flexible e fina que albergará libros, xornais ou calquera outro documento de texto imaxinable previamente descargado dende Internet. Cómpre sinalar que, segundo Plastic Logic (a empresa británica encargada de habilitar na cidade xermana de Dresde a devandita fábrica), os documentos que se lean nestes dispositivos poderán lerse igual cós que veñen sobre os soportes tradicionais que todos coñecemos.
Cómpre sinalar que esta tecnoloxía inclúe unha batería autónoma que poderá durar (xa que neste caso non podemos falar de horas nin de minutos senón de cantidade de texto) moitas páxinas. A factoría contará con corenta empregos directos e, segundo certas previsións da propia empresa, debería estar operativa en 2008 e a unha velocidade anual de produción dun millón de pantallas por ano.
Si se confirman os prognósticos da empresa e de verdade se implanta a nivel mundial o uso do e-papel, teremos se cadra que ir atopando respostas as seguintes preguntas: pesará máis un e-libro ca un libro tradicional? Cal será máis cómodo para levar de viaxe? Cal doerá máis se cho tiran dende o outro lado da habitación? Teremos que reestruturar as nosas bibliotecas particulares? Os quiosqueiros descargarán os xornais nos novos dispositivos dos seus clientes?
Plastic Logic instalará en Alemaña a primeira fábrica de papel electrónico
Compartir Este Artigo
