As entidades financeiras galegas dan unha de cal e outra de area no que o emprego da nosa lingua (a dos habitantes que son a fin de contas os seus principais clientes). Caixa Galicia ofrece unha importante listaxe de contidos web en galego, pero non os aplica a unha boa parte dos procesos de compra en liña de entradas (incluídos os nomes das rúas das oficinas onde imos coller as entradas: Casas Reales, Huérfanas, Pajonal ou La Rosa en Santiago).
Pola súa parte, Caixanova achega comunicacións en galego, pero non fai uso del na súa páxina web, onde tódolos contidos figuran en castelán. Así nolo recorda a CiberIrmandade da Fala estes días, ó tempo que convida á comunidade internauta galega a participar nunha campaña encamiñada a pedirlle á dita entidade financeira unha versión na nosa lingua.
Neste senso, o colectivo lembra que logo dunha iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística, Caixanova comprometeuse a principios de 2006 a incluír o noso idioma nas súas campañas publicitarias e mesmo na correspondencia comercial e a web. “Tras un ano, os clientes xa podemos recibir as comunicacións na nosa lingua, pero a galeguización non acaba de facerse efectiva na súa páxina”, sinala a CiberIrmandade nun comunicado.

Os internautas galegos pídenlle a Caixanova unha versión en galego da súa web
Compartir Este Artigo