
A muller inxeriu máis de dous litros de auga para facerse co premio do concurso Hold your Wee for a Wii (xogo de palabras que en galego se traduciría como Conteña os seus ouriños por unha Wii), organizado pola cadea de radio KDND 107.9 de Sacramento, California, e marchou para a casa queixándose de fortes dores de cabeza.
O informe forense indica que a morte de Strange produciuse horas despois por “unha intoxicación por auga”, doenza que adoita a aparecer cando se altera o balance normal de electrólitos no corpo a causa dunha rápida inxesta de líquido, que en xeral pode causar inchazón cerebral, derrames, coma ou -o acontecido neste caso- a morte.
Falece unha muller de 28 anos por inxerir auga de máis para gañar unha Wii nun concurso
Compartir Este Artigo
