A
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de reforzar as
canles polas que se comunica cos seus membros e, en xeral, con todas aquelas
persoas (da nosa terra ou non) preocupadas polo medio ambiente, a ecoloxía e a
loita pola preservación da natureza. Máis concretamente, a iniciativa consiste
en levar Radío CERNA (canle creada pola asociación en 2005 para abordar de
xeito específico información sobre o medio natural galego) a onde se
incrementan as opcións de ser escoitada: a Internet, concretamente á
propia web da entidade. Nela, atopamos o seguinte comunicado: “Dende ADEGA constatamos que existe unha
necesidade de información sobre temas ambientais, nun intre no que os ideais de
desenvolvemento sustentable son un obxectivo de todas as sociedades avanzadas”.
ADEGA achega Radio-CERNA ós ecoloxistas galegos a través da súa web
Compartir Este Artigo

