A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) na Zona Noroeste, reunirá este martes día 30 na Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Ourense) a empresarios de toda Galicia, nunha xornada de formación sobre a internacionalización da tecnoloxía. No acto, que comezará ás 18.30 horas, farase especial mención das chaves para entrar e desenvolverse con éxito no mercado asiático. Para isto, os temas que se tratarán na xornada xirarán arredor das posibles fórmulas de cooperación entre a empresa galega e estes países e irán destinadas a desmitificar a suposta complexidade de iniciar relacións comerciais con estas culturas. A apertura da xornada correrá a cargo do director xeral de I+D da Xunta, Salustiano Mato e do conselleiro da APD na Zona Noroeste, Emilio Pérez. Entre outros, acudirán Juan Manuel López-Valcárcel, profesor da Escola de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo e José Ramón García, presidente da tecnolóxica Blusens.
Empresarios galegos afondarán este martes 30 nas chaves para triunfar no mercado oriental
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter