A empresa galega Satdata Telecom e o seu sistema de xestión e control de flotas do mesmo nome (que transmite a posición exacta dos vehículos a través de GPS e en tempo real) veñen de facer posible a recuperación inmediata dun camión roubado, segundo apunta nunha nota de prensa. O camión, que contaba con tecnoloxía da devandita firma, pertencía á empresa Eurogrúas, quen notificou á sede de Satdata Telecom en Culleredo (A Coruña) a desaparición do vehículo da Cidade do Transporte en Zaragoza.
A empresa galega puído ver polo tanto o lugar exacto no que se atopaba o camión, concretamente nunha vila de Navarra, onde xa fora cargado con aceiro inoxidable que ía ser vendido como chatarra. Posteriormente, comunicóuselle a situación do transporte á Garda Civil, que puído deter a tres individuos e recuperar o camión intacto, segundo informa a empresa galega.
A tecnoloxía que comercializa a galega Satdata permitiu a recuperación dun camión roubado
Compartir Este Artigo

