Logo de preto dun ano de negociacións entre os dezasete operadores móbiles da UE e varias ONGs, vense de formalizar en Bruxelas un acordo marco entre quince operadores e a Unión Europea que pretende garantir un emprego responsable da telefonía móbil por parte dos menores de idade, así como unha meirande protección dos mesmos. O documento (podemos ver detalles del en pdf na web de Telefónica, operadora participante no proxecto), que se asinou coincidindo coa cuarta edición do Día pola Seguridade en Internet, contén recomendacións orientadas a garantir que os nenos e mozos poidan dispor de contidos controlados nos seus teléfonos móbiles, tales como: procurar a implicación responsable e directa dos pais e educadores así como das administracións, as ONGs e os propios proveedores de contidos ou informar ós usuarios e educalos no bo uso do móbil.
Operadores europeos comprométese a protexer ós menores perante o uso do móbil
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter