O vindeiro 30 de marzo agárdase a liberación definitiva da versión 1.8 de Dokeos LMS, un sistema de xestión de aprendizaxe de software libre (susceptible de ser mellorado pola comunidade que o empregue). Dokeos e máis os seus socios están a convidar a todos aqueles interesados en traballar co novo software Oogie Rapid Authoring a participar nunha serie de obradoiros de balde, nos que se lles ensinará ós asistentes a montar un curso virtual totalmente operativo de xeito rápido e sinxelo, empregando con este fin tan só unha presentación de diapositivas. En Mi curso virtual en 3 horas os participantes traballarán sobre a versión BETA 3 (que estará dispoñible en liña para os interesados). Para solicitar máis información ou inscribirse nun obradoiro, os interesados teñen á súa disposición estes enderezos: info.es@dokeos.com e info@contidosdixitais.com.
Obradoiros de balde para crear un curso virtual
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter