A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo (e a propia Universidade) organiza as primeiras Xornadas sobre Innovación, Emprendemento e Tecnoloxía, que se celebrarán o 25 de abril de 2007 no Centro Social Caixanova en Vigo. Ó acto de apertura (ás dez da mañá) asistirán o reitor, Alberto Gago, o Conselleiro de Innovación, Fernando Blanco e o presidente do Centro nacional estadounidense das ciencias de fabricación (NCMS) e membro de honra da asociación internacional ISA, Richard E. Morley. Este último, recoñecido enxeñeiro, consultor, inventor e empresario emprendedor, será o relator encargado da conferencia plenaria Global sources in modern bussines: technology, innovation, collaboration & leadership, na que abordará as claves para a creación dunha empresa de éxito dende o punto de vista da tecnoloxía e a innovación.
As xornadas finalizarán ás dúas do mediodía tras un coloquio no que participarán os asistentes convidados.
Vigo acollerá en abril as primeiras Xornadas sobre Innovación, Emprendemento e Tecnoloxía
Compartir Este Artigo

