
Segundo datos dunha enquisa sobre consumo de prensa en Internet levada a cabo por Media Contacts, preto do 61 por cento dos internautas españois le diarios na rede. O perfil do lector deste tipo de prensa dixital é o dunha persoa nova, sobre todo de entre 18 e 35 anos, varón (70 por cento fronte ó 40 por cento de mulleres), con estudos superiores e que le a prensa en liña cada día ou varias veces por semana.
Aínda que os datos do estudo desvelan que a meirande parte destes lectores consultan varias publicacións en Internet, tan só o 10 por cento dos consultados afirma ser lector afeito a un único medio. Os xornais on line máis consultados son os locais, ós que se achegan ata o 85 por cento dos consultados, seguidos de preto por elpais.es e elmundo.es., que, aínda que son xornais de balde, isto non impide que o 15 por cento dos lectores se manifesten dispostos a pagar por este tipo de servizos extra.
As características máis valoradas polos lectores destes diarios da Rede son o acceso ás novas en tempo real e a posibilidade de ver o resumo das mesmas na páxina principal.
