Cada vez máis, os móbiles semellan ter unha capacidade ilimitada para albergar funcións (e para deixar a nosa economía seriamente mancada, pero ese é outro cantar), constatándose un fluxo continuo de servizos e funcionalidades entre a telefonía e as redes propiamente ditas. Un destes últimos intercambios cara unha meirande converxencia ten como actores principais a Vodafone e máis a Google, que veñen de asinar un acordo polo que o operador vai ofrecer en breve o servizo de mapas e cartografía do motor do buscador de Internet (Google Maps) nos seus terminais.
En concreto, será unha versión específica para móbil e que se incorporará ós produtos e servizos que a opedradora británica pon a disposición dos seus clientes a través de Vodafone Live! Segundo apunta Frank Rovekamp, director de marketing global da operadora, a nofa verramenta achegará mapas de doado emprego e sistemas de busca xeográfica.
Vodafone ofreceralles ós seus clientes o servizo Google Maps
Compartir Este Artigo

