Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Telefónica comprometéronse a habilitar 40 dispositivos de rescate cardíaco en espazos públicos da nosa terra, facendo especial fincapé naqueles lugares onde se rexistran maiores concentracións de xente. A posta en marcha destas columnas de emerxencia é froito dun convenio entre o 061 e a operadora e teñen como obxectivo contribuír a que o tempo de resposta perante unha incidencia cardíaca sexa o mínimo posible. Estes dispositivos, que operarán nunha primeira fase en Vigo (no concello e no parque móbil municipal) albergan instrucións sobre como actuar no caso de que dea unha emerxencia desta índole, ademais dun desfibrilador semiautomático semellante ós que empregan as ambulancias do 061.
Telefónica e o 061 habilitarán 40 columnas de rescate cardíaco en Galiza
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter