A CiberIrmande segue adiante co seu compromiso a prol da tradución de software ó galego (por exemplo: Joomla!, phpList ou phpBB). Co obxectivo de mellorar no posible o produto da tradución, o colectivo galego vén de abrir un foro específico no que están convidados a participar tódolos internautas interesados neste tipo de proxectos e que poidan botar unha man optimizando o sistema usado pola CiberIrmandade para levar os programas ó galego: o TraduCIF. Este sistema permite que os tradutores fagan (para cada liña) as súas propias propostas de tradución (ou voten por algunha das que xa se propuxeron). No foro acabado de abrir, os internautas poderemos facer propostas para mellorar o TraduCIF, resolver dúbidas ou xestionar os validadores/as.
A CiberIrmandade abre un foro para traballar a prol da tradución de software ó galego
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter