Business Software Alliance (BSA) vén de achegar unha serie de cifras sobre o que lle custa como media ás empresas españolas a práctica de empregar software copiado de xeito ilegal: 49.000 euros en 2006. A plataforma, que vela polos intereses do sector do software pechado, tamén sinala que o risco de ser sorprendido en España usando programas piratas incrementouse “de xeito significativo”, así como o impacto económico que iso supón para os negocios. En Europa, Oriente Medio e África, a cifra total de casos de denuncia por emprego deste tipo de software non autorizado foi de 180.000, sendo o custo medio por danos para as firmas descubertas de máis de 15.000 euros.
BSA advirte: incrementouse en España o risco de seres sorprendido con software ilegal
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter