Co obxectivo de animar ás empresas galegas a explorar os vieiros existentes para unha xestión eficaz da enerxía, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) Zona Noroeste, organiza, o vindeiro xoves 8 de marzo en Santiago de Compostela, unha xornada sobre Management enerxético. Nesta sesión facilitaráselles ós directivos galegos a documentación precisa para a configuración dun modelo enerxético verdadeiramente sostible, coincidindo cun intre no que o aforro de recursos figura entre as principais preocupacións da sociedade. Outro dos fins da devandita xornada será afondar nas claves da transformación do sector enerxético. Para iso, contarase coa participación do presidente de Unión FENOSA, Pedro López Jiménez, o presidente executivo de Rede Eléctrica de España, Luis Atienza Serna, ou o director do INEGA, Xoán Ramón Doldán, entre outros.
Xornada para axudar ás empresas a aforrar enerxía
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter