Co gallo de comprobar se as antenas de telefonía móbil instaladas na nosa terra superan os índices de emisión electromagnéticas establecidos pola lei, o BNG vén de esixirlle ó goberno galego o informe que contén os resultados das últimas inspeccións realizadas. Neste intre, malia que hai colectivos que seguen a insistir en que non existen evidencias científicas que amosen ás claras que existan asociacións causa-efecto entre a exposición a campos electromagnéticos e o cancro (sempre que se atopen dentro dos límites axeitados), os nacionalistas insisten en que “non é a primeira vez que en Galiza e España se dan casos nos que coincide unha alta incidencia de persoas enfermas de cancro co feito de convivir nas proximidades dunha antena de telefonía móbil” polo que lle solicitan ó executivo que informe sobre o número de inspeccións periódicas que se teñan realizado nos últimos anos en antenas de telefonía móbil instaladas nas catro provincias.
Por outra banda, o partido nacionalista lembrou que os niveis máximos de emisións electromagnéticas (regulados por Real Decreto) están desfasados e foron moi criticados pola comunidade científica polo que, baseándose nun principio de precaución, instaron ó executivo a establecer niveis máis baixos semellantes ós impostos en países como Suecia, República Checa ou Luxemburgo.
O BNG amosa a súa preocupación polas antenas de telefonía móbil
Compartir Este Artigo
