Do vindeiro 16 ó 18 de marzo terá lugar en Vila Mariana (Sao Paulo) o I Encontro Audiovisual Galicia-Brasil, unha xuntanza cinematográfica na que se proxectará unha selección de longametraxes galegas de recente produción que poderían ter viabilidade comercial naquel país. O Consorcio Audiovisual de Galicia, o programa Cinema do Brasil e a Cinemateca Brasileira están a facer posible este encontro, no que se lle achega a profesionais do cinema galegos (directores, actores, guionistas, etc.) a oportunidade de darse a coñecer de primeira man perante representantes e distribuidores brasileiros, que os levarán, posteriormente, a participar en diferentes festivais audiovisuais do país. Entre os filmes que asisten á mostra, cómpre salientar títulos como León e Olvido, Mia Sarah, De bares, De Profundis ou a longametraxe de Margarita Ledo, Santa Liberdade.
Brasil acollerá unha mostra de filmes galegos
Compartir Este Artigo
