A televisión dixital de Telefónica, Imagenio, vén de cambiar de imaxe e incorporar novas funcións e posibilidades. En referencia a ámbolos puntos (veñen cinguidos), cómpre salientar que o servizo inclúe dende este mes de marzo un novo interface que, segundo a operadora, “permite navegar con máis axilidade entre as diferentes seccións e inclúe novas funcións máis atractivas para os clientes”. Ademais, o menú de servizo fai máis doada a lectura, e é posible visualizar de xeito continuo unha canle de televisión no Vídeo en Ventana e trocala por outra no intre en que se desexe. A operadora salienta tamén a nova presentación das seccións, “individualizada en prácticas pestanas”, sinala. Imagenio chega hoxe en día a 350 cidades de España, e prevese que en 2007 chegue ata seis millóns de fogares.
Imagenio: nova face e novas posibilidades
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter