A Consellería de Vivenda vai ampliar o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), situado en San Cibrao das Viñas, Ourense, e que na actualidade conta cunha superficie de 550.000 metros cadrados, dos que 337.500 están dirixidos a solo industrial, incluíndo 75 parcelas. Pois ben, no proxecto dado a coñecer polo departamento que dirixe Teresa Táboas especifícase a incorporación de 423.272 metros cadrados máis, cos que o PTG pasaría a ter unha superficie de 973.272. Con este obxectivo, Vivenda porá en xogo un orzamento de 2.8 millóns euros en 2007, partida que se destinará á adquisición dos terreos para a devandita ampliación, que se levará a cabo en tres fases: unha 1ª fase de 122.380 m2, 2ª fase con 110.043 m2, e a 3ª fase con 190.489 metros cadrados.
A Consellería, a través de Xestur Ourense (a firma pública que xestiona o Parque), levará a cabo a tramitación do Plan Parcial para o desenvolvemento dos terreos como solo industrial de uso tecnolóxico, e encargarase da adquisición do total da superficie da ampliación.
Vivenda ampliará en 423.000 metros cadrados o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole)
Compartir Este Artigo
