A Fundación para o Desenvolvemento das TIC vén de incorporarse ó Clúster Audiovisual Galego, que xa conta a día de hoxe con 46 socios. A nova “fichaxe” é unha entidade sen ánimo de lucro promovida pola Deputación de Lugo e ten como obxectivo principal organizar actividades encamiñadas a divulgar as vantaxes das novas tecnoloxías no eido docente, na investigación e no sector empresarial. Segundo apunta o Clúster, este obxectivo entronca cos do audiovisual galego, posto que esta plataforma mantén dende a súa creación “unha estratexia proactiva de organización e promoción de actividades para a divulgación de materias vencelladas ás infraestruturas e ás novas formas de negocio que achegan as TIC”, sinala nun comunicado.
A Fundación TIC incorpórase ó Clúster Audiovisual Galego
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter