O Ministerio de Educación e Ciencia en colaboración coa Universidade de Salamanca, vén de estrear Innova, o primeiro portal de Internet deseñado especificamente para que educadores ou organizacións docentes poidan intercambiar experiencias e propostas innovadoras en materia de educación.
A plataforma ten como obxectivo aproveitar as posibilidades das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para impulsar as redes informais de docentes e organizacións e para ofrecer un recurso tecnolóxico a través do que o traballo en rede se desenvolva “con eficacia”.
O sitio está aberto á participación de redes de docentes xa establecidas, organizacións e grupos profesionais dedicados á innovación educativa, pertencentes tanto á escola pública como á privada.
Innova achega ademais ferramentas como foros, chats, relatorios en liña ou “wikis” (sitios nos que os internautas poden construír conceptos en equipo), e os coñecementos informáticos requiridos para o seu manexo son mínimos.
Nace Innova, un portal para educadores e organizacións docentes
Compartir Este Artigo
