Ó igual que os virus da gripe, tan duros de estonar debido a que mutan e trocan dun ano para outro (despistando ós investigadores), os virus que ameazan a Rede (que pasaron de ser centos a ser ducias de millares nos últimos anos), están a pórlles ás empresas que as detectan o traballo costa arriba nos últimos tempos. Sobre todo no que se refire a ofrecer produtos complexos para a protección dos usuarios, ó verse desbordados polo seu crecemento desorbitado. Os expertos en seguridade en Internet aseguran que as ameazas existentes no mundo físico pasaron xa ó virtual e que, máis que nunca, o “fraude está en auxe”. Estes salientan ademais que os hackers están a mudar as súas estratexias de actuación, xa que pasaron de procurar notoriedade cos seus actos a pescudar uns fins económicos e delitivos.
Non é de estrañar pois que o índice de phishing medrara un 290 por cento en 2006 e nin máis nin menos que nun 400 por cento entre xaneiro e febreiro de 2007.
Para loitar contra esta pandemia virtual, a Asociación de Internautas vén de pór en funcionamento a II Campaña contra o fraude on-line e pola seguridade na rede, que vai encamiñada a informar ós usuarios domésticos de como empregar Internet para evitar ser enganados ou “infectados” por un virus e achega asesoramento técnico e legal para todo tipo de dúbidas ou denuncias sobre os perigos da Rede. A web da campaña permite ademais chequear o ordenador para pescudar se contén virus e descargar software de balde para reforzar a seguridade dos PCs.
O phishing medrou un 290 por cento ó longo de 2006 e ata un 400 por cento no que vai de ano
Compartir Este Artigo
