Segundo un estudo levado a cabo por prestixiosas universidades do Reino Unido, Canadá e EE U, do que se fai eco o xornal británico Finantial Times, o “rápido” espallamento da censura (que un total de 24 gobernos están a exercer sobre Internet), é un fenómeno preocupante, que se estende segundo os responsables do informe grazas ó exemplo dado por países cunha longa tradición censora como China, o máis experimentado en Internet. A investigación foi levada a cabo nun período de seis meses, durante os que se avaliou o nivel de liberdade de información e de contidos en Internet en máis de corenta países.
O informe, titulado The OpenNet Initiative pon de relevo a recente aposta de varios países por exercer a censura sobre a Rede, con métodos copiados doutras nacións tamén censoras.
Segundo o estudo, entre as técnicas empregadas por estes gobernos atópanse o varrido cotián dalgunhas aplicacións como Wikipedia ou Google, o emprego de filtros por palabra, que impide acceder a contidos que conteñan substantivos tabú ou mesmo unha técnica máis agresiva, empregada polos denominados “bloqueadores omnipresentes”, que lle impiden de xeito continuo ós seus cidadáns o acceso a certo tipo de contidos.
Entre os dez países que máis censuran en Internet destacan, China, Irán, Arabia Saudí, Túnez, Birmania e Uzbekistán.
Un estudo revela o incremento da censura en Internet en máis de 20 países
Compartir Este Artigo
