O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) vén de recibir a certificación de calidade segundo ISO 9001:2000, o que constitúe un recoñecemento “á excelencia dos seus procedementos e, asemade, á esixencia regrada de que seguirá cumprindo os estándares ó longo do tempo”, sinala o complexo empresarial ourensán nun comunicado. A concesión do certificado leva consigo a implantación do Sistema de Xestión da Calidade estipulado pola norma UNE-EN ISO 9001:2000. Para conseguir a certificación, o Parque tivo que acreditar que cumpre os procedementos establecidos neste sistema de xestión e que conta cos instrumentos para facelos cumprir. Todo isto está contemplado e desenvolvido na documentación da Calidade que a Tecnópole elaborou e lle entregou a DNV e que foi aprobada.
A Técnopole recibe un recoñecemento de calidade
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter