O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) terá en breve dúas novas incorporacións: un obradoiro de programas informáticos e unha nova delegación da Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste. Polo que respecta á primeira das iniciativas, cómpre sinalar que se trata dun Centro de Desenvolvemento de Software (Software Factory Dynamics) e que será posto en marcha pola empresa Excelia, co fin de darlles cobertura ás oficinas da firma en Valencia, Madrid e Ourense no deseño de ferramentas sectoriais sobre produtos de Microsoft e novas solucións baseadas na Rede. As oficinas da AIMEN están encamiñadas a servir de alicerce en investigación ás empresas do sector metalúrxico do recinto e das zonas limítrofes.
A Tecnópole contará cun novo centro de deseño de software
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter