A fin de potenciar a incorporación e a permanencia dos cidadáns na Sociedade da Información, o Ministerio de Industria vén de presentar a convocatoria de 2007 para a concesión de axudas pola realización de actuacións de difusión e dinamización que se inclúen no Plan Avanza. O devandito plan inclúe a posta en funcionamento dun conxunto de medidas dirixidas a favorecer a integración dos cidadáns na Sociedade da Información, mediante o emprego das novas tecnoloxías en tódolos ámbitos da sociedade.
As subvencións incluídas nestas convocatoria concrétanse en axudas para a realización de proxectos e actuacións de difusión e de dinamización en tódolos eidos nos que é evidente unha desigualdade no emprego das novas tecnoloxías, concretamente, os proxectos obxectos de axudas son os que van dirixidos ós habitantes das zonas rurais, os que se relacionan coa nenez e a adolescencia, e as actuacións de difusión e dinamización da banda ampla.
O orzamento co que se conta para estas subvencións é de 8 millóns de euros e o prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 20 de abril.
Industria promove axudas de 8 millóns de euros para a incorporación dos cidadáns á Sociedade da Información
Compartir Este Artigo
