O Goberno quere impulsar a toda costa o dominio “.es” entre os cidadáns do estado español e con este fin vén de organizar unha xornada (a primeira) en Madrid que xirou case totalmente arredor desas dúas letras e das súas (moitas, di) posibilidades. A xuntanza, que foi convocada por Red.es (dando exemplo), serve de punto de apoio e de palestra á campaña de promoción do dito dominio, que, segundo apunta a devandita entidade pública-empresarial, é doado, global e barato. Ademais, engadiu, xera confianza e proximidade. Os dominios “.es” están nestre arredor dos 540.000. Segundo Red.es, o incremento dos dominios vén acompañado indisociablemente dunha meirande participación na Sociedade da Información, e viceversa.
Novo pulo do Goberno ós dominios “.es”
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter