A Confederación de Empresarios da Coruña, dende o Plan de Formación Continua CEC, vai levar a cabo en Santiago un curso de Desenvolvemento Web con PHP e MySQL dirixido a traballadores en activo e totalmente de balde, ó estar financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. A acción formativa terá lugar no Instituto de Novas Técnicas de Ensino na rúa do Hórreo e comezará o vindeiro 11 de abril para rematar o 4 de xuño de 2007.
Os obxectivos do curso son dar a coñecer a bases do deseño web con PHP e MySQL, aprender a xerar bases de datos e saber depurar e xestionar os erros.
A CEC convoca en Santiago un curso de Desenvolvemento Web con PHP e MySQL
Compartir Este Artigo

