Despois de que en 2004 a Comisión Federal de Comunicacións de EEUU (FCC) anunciara que tiña en proxecto erguer o veto sobre o emprego dos teléfonos móbiles nos avións comerciais, a día de hoxe, non só non reconsiderou a medida senón que ratificou a decisión de prohibir o seu uso ó non dispor de información técnica abonda que amose que os sinais emitidos por estes aparellos non interfiren nas redes terrestres de comunicación.
Esta decisión súmase á da Administración Federal de Aviación, que tamén prohibe o emprego de móbiles e outros aparellos electrónicos por temor a que lle afecten ós sistemas de comunicación e navegación dos avións.
Ratifican en EE UU a prohibición do emprego de móbiles nos avións comerciais
Compartir Este Artigo

