Vídeos caseiros, cortes de series, películas ou programas de televisión. Semella que nada se lle escapa a YouTube, unha fiestra de descargas de vídeo en liña na que internautas de todo o mundo comparten creacións audiovisuais e mesmo ás veces vulnerando certos dereitos de propiedade. Cando isto sucede (que é moi a miúdo, a xuízo das entidades que xestionan eses dereitos) os propietarios das imaxes instan á páxina a que retire os vídeos emitidos e (de paso) piden unha indemnización millonaria por danos e prexuízos.
Até o de agora, o resto dos mortais tiñamos que quedar sen ver moitas das imaxes que deran a volta ó mundo antes de ser retiradas ó seren xulgadas polos ollos censores pero hoxe en día é posible ver estes vídeos (teoricamente borrados) a través dunha páxina web que descubriu unha vulnerabilidade no sistema de almacenamento de Google, a actual propietaria de YouTube. Segundo comprobou OTR/Press, “hai que introducir en Delutube (youtube.infamousx.com) o ID do vídeo (ou identificador do vídeo que aparece na caixa do navegador) e esta levaranos directamente ó vídeo eliminado; no caso de non poder velo, permite descargalo en formato FLV”.
Unha web permite acceder ós vídeos borrados de YouTube
Compartir Este Artigo
