A fin de fomentar a igualdade de dereitos entre homes e mulleres e contribuír a erradicar a violencia de xénero na sociedade, o Concello de Lugo convoca a primeira edición do concurso de xornalismo Muralla Aberta. Este premio establece dúas categorías de participación, a mellor peza xornalística en calquera das súas formas (artigo, reportaxe…) que fora publicada tanto en Internet como en prensa escrita e a mellor fotografía relacionada coa igualdade de xénero ou a erradicación da violencia doméstica e que, asemade, fora difundida a través de calquera medio de comunicación do territorio español entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2006.
Os traballos presentados non poderán estar premiados en anteriores certames e cada participante poderá presentar un máximo de tres pezas, antes do 20 de abril na Casa da Muller da Concellería de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo. A resolución do concurso darase a coñecer o vindeiro 30 de abril a través da páxina www.lugo.es e o gañador de cada unha das categorías establecidas recibirá 1.500 euros en metálico.
O Concello de Lugo organiza a primeira edición do certame de xornalismo Muralla Aberta
Compartir Este Artigo
