O Museo do Holocausto de EE UU, facendo un esforzo por chamar a atención da poboación e sensibilizala un pouco máis sobre o conflito en Darfur (Sudán), vén de solicitar o servizo de imaxes por satélite Google Earth para amosar en fotografías aéreas as paisaxes máis actualizadas dos campos de refuxiados e dos pobos en lapas da zona.
Estas imaxes mostran en alta resolución escenas da vida cotiá destas xentes, que habitan nunha rexión na que, segundo a ONU, “xa morreron máis de 200.000 persoas e outros 2,5 millóns víronse obrigadas a desprazarse”.
Google Earth colabora coas súas imaxes co Museo do Holocausto de EE UU
Compartir Este Artigo

